Non podo comezar sen unha felicitación efusiva pola túa calidade balompédica. Quizá sexas o mellor futbolista do mundo. E quen che escribe foi un admirador do fútbol pola súa mestura de habilidade, intelixencia, velocidade, decisión rápida, compañerismo…
Pero o decisivo nas nosas vidas humanas non é ser bo ou admirable «en algo», senón selo na nosa condición de persoas: un bo futbolista, bo escultor, bo actor…, si non son ademais boas persoas, estarán sempre por baixo de calquera home verdaderamente bondadoso que non destaque en nada: pois vale moito máis o que temos dentro do corazón que o que temos na punta dos pés.