Un ano máis, en pleno corazón de A Bouza, celebrouse unha edición máis da nosa romaría popular. Os tempos cambian e con eles as persoas. Pero o espírito da nosa Festa segue permanecendo intacto. O programa foise cumprindo hora a hora.Os nenos cos seus xogos demostraron a súa creatividade e habilidades cos foguetes acuáticos. O xogo da chave é un inamovible. Este ano foi o do debut para moitos mozos que apuntan ser os favoritos en próximas convocatoria de seguir nesa liña. Os bocadillos de chourizo desfilaron tamén por entre os carballos, e é que había que recuperar forzas para seguir adiante. O folclore a cargo de «Rueiro» enmudeció toda a Bouza o mesmo que a Banda de Unión Musical de Valadares que creou un climat de relaxación e meditación despois de tanto trafego. Coa queimada e os seus esconxuros finalizaríase este día festivo. Grazas pola colaboración dunha Festa de todos e para todos.
A do 2017 espéranos!