Un año más o Movemento Cidadan, O Centro Cultural «Rueiro», a Asociación de Mulleres «Dorna» e a Parroquia Cristo da Victoria celebraremos esta festa anual conmemorando a «conquista» para o barrio da zona verde de «A Bouza» e reclamando ò Concello a cosntrucción do Centro Cultural na parcela reservada para ese fin. A Xornada comenzará as 12 do mediodía con xogos para nenos e a actuación -as 13 horas- das pandereteiras «Lumieiras de Rueiro». Despois dun xantar comunitario na carballeira habera xogo s para nenos e maiores. As 7 da tarde actuará o Grupo Folclórico de «Rueiro» e a continuación -20,30 horas- actuará a banda de música «Unión Musical de Valladares». Rematará a festa cunha cea comunitaria e unha queimada.
Durante a xornada se colocará una mesa de «parrotroca». Podes deixar na mesa o que queiras e coller tamen o que te interese. E unha mesa de intercambio na filosofía do «consumo responsable»
¡Tod@s a «A Bouza»!