O vindeiro sábado, 30 de Abril, a nosa comunidade celebrará o sacramento da «unción dos enfermos». O grupo de «pastoral da saúde» está a preparar con ilusión esta celebración como un momento forte da súa actividade de acompañamento aos enfermos da nosa comunidade. O Concilio Vaticano II deunos a oportunidade de sentir a presenza sanadora de Xesús e @s súas discipul@s non só nos momentos fnales da vida senón cando pasamos pola enfermidade ou cando pola idade imos sentindo a decadencia da vida. Ademais animounos a facelo comunitariamente. A imposición de mans e a unción co óleo non son senón os signos que se conservan do primitivo cristianismo: Xesús impoñía as mans e o oleo era remedio universal de doenzas, alimento e fonte de luz. Ambas as cousas foron o mais visible para significar a bendición de Xesús. Todos estamos convidados a participar nesta celebración o vindeiro sábado ás 8 da tarde.