A xente de Baladre convídanos ás xornadas que levan por título: “Da RISGA á Renda Básica das iguais”. Celebraranse o sábado 2 de abril en Santiago de Compostela en A Gentalha do Pichel (r/Santa Clara 21).
O programa desta xornada é moi interensate, tendo a oportunidade de escoitar a persoas e experiencias que noutros puntos do estado pulan por tirar abaixo o capitalismo á vez que construén ese «mundo novo» que tanto anhelamos.
A organización roga que aquelas que teñan idea de acudir que o comuniquen no email > [email protected]. Non é obrigatorio, é por razóns de loxística xa que faremos xantar en común e precisamos ter contas da xente que ficará a comer.
PROGRAMA:
10:00
Presentación da xornada.
10:15 a 11:45
“Planeta carroña. O capitalismo actual e as súas consecuencias”, a cargo de J. M. Busqueta (Seminari Taifa)
12:00 a 14:00
“O seu benestar e o noso malestar”:
– “A función da pobreza no capitalismo”, a cargo de Albert Sales (sociólogo e profesor de universidade Pompeu Fabra)
– “A Galiza máis excluída”, a cargo de Leticia Castro (educadora social)
Xantar
16:00 a 17:00
“L’Olivera, 42 anos de economía social”, a cargo de Clara Griera (Cooperativa L’Olivera)
17:00 a 18:30
“Da RISGA á Renda Básica das iguais”, a cargo de Mari Fidalgo e Manolo S. Bayona (Baladre)
18:30 a 19:30
“Os Puntos de Información e Denuncia e Asembleas de empobrecidas-precarias”:
– Ruth López (Punto de Información Erletxea en Irún)
– Beatriz Lorenzo (ODS-Coia)
19:30
Lectura das propostas recollidas na xornada.