Acción Verapaz, ONG coa que colaboramos na nosa comunidade, organizou na parroquia vallecana de Santo Tomás de Villanueva (onde colaboran @s nos@s compañeir@s dominic@s) unha charla sobre os refuxiados, o pasado 9 de febreiro, impartida por José Luis Segovia («Josito» para os coñecidos), actual Vicario de Pastoral Social na Diocese de Madrid . Fronte á dramática situación que estamos a ver en imaxes e datos, fronte ao lamentable comportamento da Unión Europea, Josito expresou a enorme satisfacción que lle está producindo a actitude e a dispoñibilidade que veu atopando en todo o abanico de partidos, na sociedade civil, na xente cristiá e na propia Igrexa máis institucional (Madrid).Convidámosche a que escoites a charla completa.
Podes atopala aquí: https://youtu.be/60H1EcBLuV8