«Amigos del desierto» en Vigo

«Amigos del desierto» trátase dunha iniciativa impulsada por Pablo D’Ors, un sacerdote recentemente nomeado polo Papa Francisco membro do Consello Pontificio da Cultura. Está a ter bastante éxito cos seus escritos (un deles, titulado “Biografía del silencio” foi mencionado eloxiosamente por Manolo Regal na charla que nos deu o ano pasado). E unha rede de persoas que, baixo o nome de “Amigos del Desierto”, se reúnen unha vez á semana para cultivar durante un rato o silencio interior e a oración contemplativa. É algo similar, para quen coñeza estas experiencias, á meditación que se practica no ioga e no budismo, ou, no ámbito profano, ao ‘mindfulness’ (ou “atención plena”), que está tan de moda. A diferencia sería que agora se adopta unha orientación explicitamente cristiá.

Pablo D,Ors foi convidado por Conversaciones de San Esteban (Dominicos de Salamanca) a presentar á sua experiencia que podedes ver en youtube:

https://youtu.be/BY5JqRJv5Wk

@s interesad@s en coñecer está iniciativa que o xoves 11 de Febreiro  comenzará en Vigo podedes contactar con Manolo (986213453).