Galicia presente en Lesbos (Grecia)

De Josechu Barca, portavoz da Coordinadora de Crentes Galegos á que pertence a nosa comunidade do Cristo da Vitoria. recibimos a noticia de que o venres pasado, 15 de xaneiro, partiu para Lesbos (Grecia) Alfonso Mascuñana, membro da Comunidade «Vangarda Obreira» da Coruña para colaborar como voluntario na difícil situación das persoas refuxiadas que alí seguen chegando. Engade unha nota que lle envía o propio Alfonso e que di así: «Teño unha conta corrente ao nome de Alfonso Mascuñana na Caixa Rural, por se se queren facer achegas económicas. Considero, polo que me teño informado, que é a mellor forma de colaborar. Están en Lesbos grupos pequenos e persoas que están dandoo todo, neses primeiros intres da «longa marcha» que tantas persoas empezan. É unha solidariedade bastante de abaixo arriba e, en boa medida, autoorganizada. Se estades interesados en botar unha ollada vos paso unha páxina que, cos seus enlaces, amosa o que se ofrece e o que se fai. Eu téñoa utilizado bastante: http://betterdaysformoria.com

Ó número da conta é: ES 13 3070 0044 5661 6241 4129.

¡Moita sorte, Alfonso. Desde a Comunidade do Cristo da Vitoria de Vigo estamos contigo!