NOTA URXENTE:
HOXE MERCORES 16 DE DECEMBRO, ÁS 19,30, NOS LOCAIS PARROQUIAIS, XOSÉ CARLOS ALVAREZ, VOLUNTARIO EN «TITANYEN» EXPONDRÁ Á COMUNIDADE A MARCHA DO PROXECTO.
Cada Nadal a nosa comunidade acolle un proxecto solidario dalgunha ONG para o desenrolo.
Levamos varios anos de solidariedade con Haití desde o terremoto de Xaneiro de 2010 que deixou 316.000 mortos, 350.000 feridos e un millón e medio de persoas sen fogar. O terremoto afectou principalmente ao seu capital Porto Principe.
Os últimos anos estamos a colaborar coa «Fundación Montesinos», dos Dominicos e outras institucións relixiosas e laicas, no «Proxecto Titanyen». Titanyen é unha localidade próxima a Porto Principe na que a devandita Fundación promove un «fogar ecolóxico» para nen@s abandonados de Porto Principe e outras localidades. O centro pretende dar educación primaria, secundaria e profesional aos nenos, fogar e traballo en agricultura ecolóxica.
Este ano pídesenos cooperar na alimentación durante un ano no fogar-escola que de momento xa alberga a 150 nenos de 3 a 7 anos.
As doazóns podar facerse persoalmente no despacho parroquial ou a través das seguintes contas bancarias:
La Caixa: ES96 2100 4831 90 2200066357
A Banca: ES94 2080 5077 98 3000045175
O anuncio do proxecto esta na páxina web da ONG «Acción Verapaz»