O Movemento cidadán «O noso barrio», a Asociación de mulleres «Dorna» e o Centro cultural «Rueiro» convídanos a participar con eles da festa popular do Entroido.
O vindeiro martes, 17 de febreiro organizan para todos os nenos e nenas unha festa de animación infantil. Presentan e animan «Show entre pelos e contos» e o Teatro infantil de Rueiro representará «Sancho Panza Gobernador de Baratania».
Disfrutaremos da festa no Salón de actos do complexo parroquial, a partires das 17:00 horas.