O venres 4 de xullo volvemos á rúa para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O lugar escollido para poñer a mesa é a rúa do Príncipe, diante das escaleiras do MARCO.
Dende as 18:00 ata as 20:00 a xente da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos recollendo sinaturas e ofrecendo información sobre esta ILP que busca garantir o dereito a vivir con dignidade para todas as persoas.
A proposta de Renda Básica que vai no texto da ILP establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional. A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza, é dicir, de 645,33 € tomando datos de 2013.