O domingo 23 de Marzo celebramos unha nova misa de familia que esta vez correspondía preparar aos grupos de catequese mais pequenos (Iniciación). Como durante o curso habíamos insistido moito no Deus que nos mostra o noso amigo Xesús de Nazaret escollemos o tema de Deus Mamá-Papá-Amigo-Corazón como fondo da celebración e leimos o conto de «Deus é azucre» para explicar como non lle vemos pero está en toda a nosa vida como o azucre no leite do almorzo.
Como era unha das primeiras veces que os nenos se achegaban á eucaristía fixemos especial fincapé nas partes da misa: lectura do evanxeo, ofrendas-compromiso, motivos de acción de grazas a Deus, peticións-pai e o noso pai, paz-comuñón. Cuns debuxos iamos introducindo cada parte da misa. Unha mámá leu ao final unha emotiva carta a Xesús. E os nenos, como aínda non podían comulgar obsequiouselles cun pedaciño de roscón.
Como todas as misas de familia foi unha celebración entrañable.
Whats up are using WordPress for your site platform? I’m new to the blog world but I’m trying to get started and create my own. Do you need any coding knowledge to make your own blog? Any help would be really appreciated!