Un, dous, tres e ábrese o pano! Isto foi precisamente o que aconteceu o pasado martes 4 de marzo no salón de actos da Parroquia Cristo da Vitoria para dar comezo á gran Festa do Entroido.
Inmersos na crise actual vímonos obrigados a recortar custos. Por iso, para a gala contouse con actuacións da «casa» que sen chegar a ser profesionais demostraron ter un gran talento. Polo escenario desfilaron tres diferentes xeracións de artistas.
Comeza a función o teatro infantil de “Rueiro”. Coa obra “Ou segredo” debutan por primeira vez en público, cativando a todos os presentes. Pablo Puga, coa súa maxia, tamén deixou notar o seu talento e vemos como aos poucos estase consagrando nesta arte tan difícil. As encargadas do baile e a música corre a cargo das xa famosas artistas Sara e Laura. Dominan a técnica e máximo cando son as recentes campioas do Musical de Violetta. Das risas e o colorido ocupáronse as Mulleres de Dorna co seu grupo “Clown”. Outro grupo que debuta por primeira vez en público. Creouse exclusivamente para amenizar a dita festa. E por último, os protagonistas por excelencia foron os máis pequenos coas súas caras pintadas e os seus disfraces que non pararon de rir, de cantar, de bailar e de aplaudir.
Con actuacións deste cache, o noso salón de actos volveuse a quedar pequeno. Máis de 300 persoas fomos testemuñas dunha tarde inesquecible.
Outra vez máis queremos agradecer a todas as asociacións todo o seu gran esforzo. Ás Mulleres de Dorna, Centro Cultural Rueiro e Movemento Cidadán “O Noso Barrio” para arrincar un sorriso e esquecernos dunha crise que se está dilatando demasiado no tempo.
Tras máis de tres meses consecutivos de choivas, temporais e cicloxénese explosivas hei de dicir que por mor da nosa festa, o inverno disfrazouse rapidamente de primavera. Pregúntome se será consecuencia tamén do espírito do Entroido 2014?
Até a edición do 2015!