Tradicionalmente na semana do 9 ó 16 do mes de febreiro celébrase na Igrexa a Xornada da Campaña contra a Fame de Mans Unidas, e un dia de xaxún voluntario a favor de compartir cos máis necesitados do noso mundo. Este ano Manos Uunidas insiste no 8º obxectivo de desenvolvemento do milenio que consiste en fomentar unha alianza mundial para o desenvolvemento. O slogan é «un mundo novo, un proxecto común,». Un mundo novo onde aumenten as relacións de fraternidade que se traduzan en feitos concretos: respecto aos dereitos humanos, agricultura sostible, respecto ao medio ambente, acceso ás medicinas, creación de infraestruturas, aumento da axuda ao desenvolvemento, etc.. E todo iso a niveis persoais e sociopolíticos. Ser sal e luz co noso compromiso.
Como todos os anos a nosa comunidade se suma con outras parroquias a esta Campaña da ONG «Mans Unidas». O último dia da Campaña- o domingo 16- faremos a colecta nas eucaristías. Para coñecer algo máis da campaña podemos visitar esta páxina: www.periodistadigital.com/religion/solidaridad/2014/02/04/soledad-suarez-nuestra-solidaridad-ha-de-ser-global-nuestra-crisis-no-puede-servirnos-de-excusa-religion-iglesia-manos-unidas-campana-hambre-mundo-pobreza-hambre.shtml