O domingo 26 tivemos unha maña che de actividades para celebrar o Día da Paz 2014, primeiro cos cativos e logo tamén con toda a comunidade.
Comezamos ás 10h30 no salón de actos coas actividades para os máis pequenos, nela participaron rapaces e rapazas das distintas etapas da educación na fe da nosa comunidade. Comezamos coa presentación de dous vídeos elaborados polos nenos e nenas de poscomuñón: «Berramos» e «Fashion Victim 2».
As proxeccións deron paso a un obradoiro no que fixemos pombas de cores, que logo empregariamos na celebración de familias das 12h30. Rematamos esta primeira serie de actividades mandando un saúdo á xente de Titanyén, proxecto que este ano vai recibir o apoio da campaña de Nadal.
Logo das actividades pasamos á igrexa para celebrar un misa, na que participaron todos os nenos e nenas das distintas etapas da catequese. Non podiamos deixar pasar a celebración do Día da Paz desta semana para facer da paz o eixo desta celebración. A través dun conto sobre as cores e de varias lecturas tomamos conciencia da necesidade de traballar todos os días do ano por facer da paz unha realidade para todo o planeta.
I believe you have remarked some very interesting points, thanks for the post.