Hai uns anos un grupo de persoas da parroquia Cristo da Victoria, xunto con Joaquín Sandoval comezaron a interesarse polas persoas maiores, os enferm@s do barrio de Coia. Para iso ían visitalas, a facerlles compañía, compartir as súas soidades, doenzas, axudarlles, ou darlles a comuñón.
Na actualidade tamén se segue a mesma tarefa pastoral, e realizáronse dúas xuntanzas na parroquia das persoas que visitamos, sendo moi positivos e enriquecedores.
Para dar a coñecer este labor, o equipo de saúde da parroquia elaborou un vídeo, que conta brevemente como se vai desenvolvendo este traballo parroquial.