A miña carta non é ós Reis Magos. Nin a Papa Noel.
A miña carta é para tí, «Querida Teófila».
Un lume corróete por dentro porque sabes que hai moitas cousas que, aínda sendo legais, son inxustas. Pois son moitos os que atan pesados fardos para que outros carguen con eles. Por iso pídote que te rebeles contra elas liberando o lume que te abrasa. De tomar este camiño acadarás unha conciencia que ninguén che poderá arrebatar xamais. Farás túas as necesidades dos demais que verán en ti un/unha irmán. Pero ten presente que todo iso debe ir da man do teu corazón.
Vai rematar o ano 2013. O ano da lei Wert. A lei que ataca a filosofía é enaltece a relixión. Que relixión? A das guerras e conflictos ou a da paz? A do menosprecio por os diferentes ou a integradora? Moito me temo que será a diferenciadora. Non a que parece expresar o Papa Francisco cos seus xestos.
Si, «Querida Teófila». Dous mil anos despois de que un Nazareno alzará a súa voz contra os poderosos, a relixión do Sr. Ministro segue a decir que o Nazareno morreo por todos/as nos. Polos nosos pecados. Minte. Morreeu pola maldade dos poderosos.
Meu desexo para o ano que chega é que tí, «Querida Teófila» me axudes a dicir o que aconteceu. A ver con outra luz aqueles momentos da historia.
Maña comezo a venda do libro. Son 20 euros. (Tamén o Ministro Montoro se mete na cultura).
Felices Festas.