Durante os días 29 e 30 de Novembro asistimos ás habituais charlas de advento, este ano coa presenza do dominico Jesús Espeja, experto na temática elixida para este ano: «A 50 anos do Concilio Vaticano II cara a onde imos».
A reflexión xirou en torno a como se foi xerando o Concilio Vaticano II, e para iso o relator nos ofreceu xunto a unhas breves nocións históricas, un documental sobre como se desenvolveu o Concilio entre 1962-1965.
O segundo día expuxo as liñas e documentos principais do devandito Concilio, destacando a visión máis aberta da Igrexa, a importancia do pobo de Deus que se abre a todo ser humano. A liberdade de conciencia e o seguimento de Xesús para todos os cristiáns: clero e laicos, igualdade e unidade na pluralidade.
Tamén incidiu na visión de Juan XXIII o papa que convocou o Concilio Vaticano II, coa cuñaxe do termo «Igrexa dos pobres». Faise eco das diversas situacións humanas de empobrecemento, e de aí que a Igrexa debe seguir as pegadas de Xesús e ser servidora, e loitar pola dignidade e a xustiza na humanidade.
A comunidade cristiá, tamén se vai erixir como un modelo a seguir, onde se sitúa en camiño, polo tanto necesitada de purificación, de liberación de idolatrías e de falsos absolutos. Polo tanto a idea que nos transmitiu Jesús Espeja e que xermola do Concilio é a necesidade da igrexa de escoitar ao mundo e ser capaz de identificar os signos dos tempos, á luz do Evanxeo.
Xunto a estas ideas abriuse un dialogo interesante entre os asistentes e Jesús Espeja, manifestando os diversos retos que quedan por facer aínda na Igrexa actual, porque parte dos trazos abertos polo Concilio están á espera de dunha posta en práctica.