O programa IMÁN CEDRO, a Comunidade Parroquial Cristo da Victoria de Coia e o grupo de usuarios do Programa Sereos do Casco Vello temos convocado para o vindeiro 5 de decembro, véspera do Día da Constitución unha manifestación que sairá ás 18.00 h dende as escalinatas do MUSEO MARCO na Rúa o Príncipe, rematando na Praza da Constitución, percorrendo a Rúa do Príncipe e a Porta do Sol.
A nivel local estanse a dar pasos atrás nas políticas municipais de benestar social e saúde comunitaria, como é o traslado do programa municipal SEREOS DO CASCO VELLO a unha unidade móbil.
Na véspera do Dïa da Constitución, na Praza da Constitución, imos a berrar: » A POBREZA NON SE ESCONDE, COMBÁTESE CON XUSTIZA».
Agardamos o apoio explícito da rede social Galicia Sur e doutras organizacións que se poideran sumar.