O domingo 17 tivo lugar a primeira Eucaristía en Familia deste curso. Nesta ocasión, a celebración estivo animada polo grupo de adolescentes. O grande número de persoas que participou puido disfrutar da súa espontaneidade, da súa linguaxe,… mesmo dos seus ritmos.
A misa serviu ademais para facer á presentación en comunidade da Campaña de Nadal deste ano 2013. Os rapaces foron quen de trasladarnos a difícil situación da infancia haitiana e o camiño de esperanza que para algúns destes nenos supón o Fogar ecolóxico de acollida da Fundación Montesinos en Titanyén.
Na Eucaristía fixeron presentes a estes pequenos e a sentímonos unidos a eles e a toda a humanidade sufrinte en calquera parte do mundo. Todo isto supuxo un paso máis, entrañable, agarimoso, desta campaña de solidariedade que estamos a levar co lema “Eu sosteño Titanyén.