A ONG dos dominicos/as ACCIÓN VERAPAZ quere facerse eco da magnitude da traxedia en Filipinas. De xeito inmediato facémolo levando a noticia á nosa rede de socios e colaboradores, para que todos tomemos conciencia da terrible situación na que están inmersos millóns de persoas e pedindo apoio para as organizacións que están a actuar de xeito inmediato.
Pero a medio e longo prazo que é onde está ao noso alcance actuar queremos mobilizarnos e mobilizar . Por iso, pretendemos que esta noticia sirva xa de lanzamento dunha campaña para solicitar fondos cos que poder axudar a remediar as necesidades que, cando pase o boom da noticia, serán sendo incitantes para os millóns de afectados.
O compromiso ao lanzar esta campaña como sempre é este:
– Primeiro, buscar unha contraparte ou entidade fiable a través da que canalizar as axudas que recibamos (Puxémonos en contacto coas Dominicanas da Anunciata, que teñen comunidades en Filipinas.)
– Segundo, mandar o 100% dos fondos recibidos ao seu destino para responder ás necesidades da poboación afectada.
– Terceiro, informar na páxina web e nos Boletíns Verapaz do que vaiamos facendo, grazas ao voso apoio.
Se estades interesados en participar na campaña podedes facer os vosos ingresos no Banco Popular, a este número de conta: 0075/0001/87/0606358033, indicando: ‘Axuda a Filipinas’.»