Camiñamos paseniño porque queremos chegar lonxe!

A través da web de Fiare Gz atopamos esta nova con este vídeo, unha gozada:

Neste vídeo tedes a posibilidade de comprender nun minuto o que é o Decrecemento para así poder aplicalo ao voso día a día.  Dese xeito poderedes abrir máis as vosas mentes para optar por proxectos que conduzan a un xeito de vida máis humano, xusto, coherente, corresponsable, ético, comunitario, solidario… a través dos hábitos decrecentistas.

Esta animación é o primeiro fruit motion da historia, un stop motion, a partir de froitas e verduras, que acompaña os III Encontros de Decrecemento e Bo Vivir, celebrados en Bilbao en marzo de 2013.

Fonte: http://vimeo.com/73591323

Camiñamos paseniño porque queremos chegar lonxe!