Varios grupos da xente máis nova da comunidade estiveron esta pasada fin de semana en Vilán celebrando a convivencia de verán. Foron dous días nos que disfrutamos do entorno de Vilán, que con bo tempo sempre é máis agradable, da compañía e de multitude de conversas. Preto de trinta persoas entre maiores e pequenos gozamos do río, dos xogos ao aire libre e da ledicia que da entender a vida en comunidade.
Vémonos ao comezo de curso!