Onte chegaron de Vilán o grupo de adolescentes (2º ESO ata 1º Bacharelato) foi unha semana na que ademais de vivir moita calor, tamén experimentaron moitas emocións, aprendizaxes, amizades, diversións…
Os campamentos de Vilán 2013 están xa na súa parte final, o grupo de nenos e nenas de poscomuñón xa está na casa de Vilán para pasar a última semana de campamentos deste ano. Agardamos que disfruten moito maiores e pequenos nesta semana que teñen por diante.