O venres 14
Por segundo ano consecutivo, precisamos do venres para dar cabida a todas as actividades previstas para esta Festa. Deste xeito arrincamos ás 20:00 horas, no Salón de Actos de Cristo da Vitoria, coa proxección do documental “Co corazón na Rúa”, baseado na historia das loitas sociais de persoas e colectivos en Zaragoza entre os anos 1975 e 2000. Ao rematar a proxección abriuse un espazo de coloquio onde se expuso o gran número de similitudes coas reivindicacións que paralelamente facíanse e fanse no noso Barrio de Coia.
O sábado 15
Xa en pleno corazón do parque da Bouza, e baixo uns centenarios Carballos, comezamos ás 12:00 cun Roteiro pola Bouza. Outro ano máis, decubrimos o encanto a cada paso e en cada recuncho da Bouza. O roteiro complementaríase cunha gran exposición fotográfica das aves típicas coas que convivimos diariamente neste parque.
Seguindo o espírito reivindicativo do evento, organízase unha mesa informativa da campaña “Vivir dignamente é un dereito” na que coa recollida das follas de denuncia social esiximos unha renda básica que cubra as necesidades básicas dunha maioría cada día máis empobrecida e con menos dereitos sociais.
Como música non ha de faltar, as encargadas de abrir o apetito foron as “Pandereteiras Lumieiras do Rueiro”. Dúas xeracións en escea que sempre están aí amenizando a festa.
A Carballeira converteuse rápidamente nun gran comedor multicolor ao aire libre. Uns sentábanse ao redor dunhas grandes mesas corridas e outros sobre manteles no chan. Viviuse un ambiente moi cordial onde todo estaba para compartir.
Sen moito tempo para a sobremesa, e a sesta para algúns, convócase ás 16:00h ao Campionato da “Chave”. Xogo que cada vez esperta máis admiración e interese por todo o mundo, e a destacar nesta edición por unha elevada participación dos máis novos.
Continuando co programa folclórico, a tarde corría a cargo do “Grupo de Gaita de Rueiro”. Un grupo de músicos consagrados e cuns novas promesas que debutarían neste escenario inesquecible.
A armónica, por primeira vez, continuaría deleitando aos presentes para dar paso a outro prato forte, a banda de música “Delicias do Caeiro” que estenderon as súas notas musicais máis aló das frondosas ramas dos Carballos.
A todo isto, un arrecendo a chourizo asado, era sinal inequívoco de que a merenda-cea estábase preparando no bar da organización. Acompañado dun bo “barrantes” e tamén de empanadas e tortillas caseiras, que se tiñan para a ocasión ninguén podía irse de alí co estómago baleiro.
E coa Queimada e as súas conjuros ponse punto final a esta edición.
A Bouza considerouse como o marco perfecto para reivindicar a nosa cultura, por iso aproveitamos de novo este ano para reclamar a construción do Centro Cultural neste mesmo lugar.
Non quero pechar a crónica sen dar as grazas a todos vós que coa vosa presenza destes sentido a esta Festa. A participación foi moi elevada. A convivencia con todo tipo de colectivos sociais foi moi cordial. Víronse moitas caras novas e a de moitos nenos correteando.
Grazas tamén a todos os voluntarios que colaboraron para que todo isto fágase realidade e continúese no futuro.
Ata o Magosto do 2013!