Case medio centenar de persoas chegadas de distintas partes de Galicia xuntamonos hoxe, 20 de Abril, para celebrar a Asemblea Anual de Crentes Galegos. Segundo dicían os inciadores deste movimento facía o numéro vinte e oito.
O lugar escollido para celebrala foi a casa que a nosa parroquia ten en Vilán (Fornelos de Montes). Dedicamos a mañá a unha reflexión dirixida por Diego sobre o tema da Renda Básica dos Iguais (como alternativa ao sistema capitalista). Partimos da visión dun documental sobre a situación de pobreza no sur de Europa a causa dos recortes. Vimos a urxencia de establecer medidas que resolvan a situación. Unha delas sería a Renda Básica que establece unha distribución equitativa do PIB para que a xente viva dignamente. Isto supondria unha transformación do capitalismo e unha fiscalidade máis xusta que a existente xunto con outras medidas.
Despois dun xantar ao aire libre dialogamos sobre a Asemblea de Redes Cristias a celebrarse en Santiago de Compostela no mes de Decembro. Informóusenos sobre os preparativos da devandita asemblea e concretáronse algúns puntos aínda sen decidir como eran os obradoiros e a celebración. Rematamos a Asemblea cunha Eucaristía entrañable na que nos acompañou un clima moi favorable. Algúns asistentes quedaron na casa para ter o dia seguinte, domingo 21, un Obradoiro sobre Decrecemento e tamén para gozar da convivencia e dunha noite na paraxe incomparable de Vilán.