Precisamos da luz para vivir, o que choca cos atrancos que compañías coma FENOSA nos poñen: subida de prezos, facturación abusiva, cortes, non negocian as débedas, desinformación…
Por todo isto a ODS-Coia e Parroquia do Cristo da Victoria decidimos orfanizar unha charla baixo o título: «Aprendendo a defender os nosos dereitos fronte ás grandes empresas da enerxía». Nela contaremos coa presenza de Rafael de Montis, experto en enerxía, que nos axudará a coñecer un pouco máis este mundo.
Se queres saber que che cobran na factura da luz, como solicitar o bono social, como defenderte dos seus abusos, alternativas máis xustas e económicas no subministración NON DUBIDES EN VIR!
A charla será o venres 5 abril ás 19h30 nos locais da parroquia do «Cristo da Victoria» (rúa Baiona 9, Coia – Vigo)
Aproveitaremos o encontro para presentar o modelo de reclamación a FENOSA que elaboramos coa idea de desenvolver unha campaña masiva de presentacións de queixas en contra dos abusos que sufrimos nun aspecto tan básico e necesario como é a electricidade. Tedes o modelo de reclamación para descargar neste enlace: odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/reclamacion_fenosa_gal.pdf