A xente de Irimia convocanos a participar na Festa do Lume 2013 que este sábado 2 de febreiro vaise celebrar en Bergondo (Coruña) nos locais do Mosteiro desa localidade.
Pola maña haberá asemblea de Irimia e a partires das 12hoo haberá unha charla con Josep Manel Busqueta, do Seminari de Economía Crítica Taifa, que falará de crise, alternativas e compromiso.
Logo haberá xantar compartido e ás 16hoo as autoras do libro «As mulleres falamos de teoloxía. Espazo de teoloxía feminista» farán unha presentación do mesmo.