Mobilizacións polo indulto de David Reboredo

O Programa IMÁN CEDRO da UAD do Concello de Vigo convoca para o vindeiro xoves 27 de decembro ás 19.30 nas escalinatas do Museo Marco un acto sociocomunitario encamiñado a favorecer a concesión dos novos indultos solicitados o 12/12/2012.

No devandito acto nomearemos a David Reboredo Miguélez «CIDADÁN VIGUÉS 2.012» por contribuir á visualización da complexa problemática penal e terapéutica que veñen padecendo centos de persoas con patoloxías adictivas.

Co gallo de conquerir o máximo apoio posible de organizacións e colectivos, pedímosvos a vosa adherencia formal a esta convocatoria, se así o considerades oportuno.

Máis información sobre o indulto de David Reboredo: http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2012/12/14/sesenta-mil-firmas-david/727019.html