Estamos en tempo de castañas e con el o tempo dos Magostos! Dende hai anos o noso barrio aproveita as festas populares para xuntarse e para reivindicar que o noso barrio segue sen Centro Cultural.
Por iso outro ano máis as asociacións Dorna, Rueiro e Movemento Cidadán animannos a participar no Magosto do vindeiro sábado 17 de novembro. Será no parque de A Bouza dende aas 17h00 e haberá ademais de castañas e viño novo as actuacións:
17hoo – Ggrupo de gaitas e baile de Helios (Bembrive).
18h000 – Grupo de pandereteiras de Rueiro de Coia.