Dende Encrucillada fannos chegar este mail convidannos a participar no XXVII Foro Encrucillada:
Estimados subscritores e seguidores de Encrucillada: Supomos que todos estan ao tanto da data do Foro. Por se acaso, ten información na Web. Teñan en conta que este ano hai cambio de local. Xúntanse ligazóns de mapas que permiten un acceso fácil de seguir. Entre a chapela de San Lázaro e o campo de fúbol, edificio CERSIA. Esperámolos a todos.
Este ano o XXVII Foro Encrucillada está dedicado ao noso amigo e compañeiro Bernardo García Cendán, membro do consello de Encrucillada dende a primeira hora falecido o pasado mes de xuño. A el dedicaremos tamén a celebración coa que imos rematar, e que será unha homenaxe á súa vida e entrega gratuíta e silenciosa.
O Foro leva por título Ciencia e fe, o diálogo necesario, e vainos servir para afondar nas relacións entre o saber científico e o saber relixioso. O Bosón de Higgs que campa polo cartel, a mal chamada «partícula de Deus» é un bo símbolo dos achegamentos e os conflictos entre estas dúas disciplinas.
Ímolo celebrar o sábado 27 de outubro dende as 10 da mañá, nunha nova sede, o salón de actos do CERSIA, no Barrio de San Lázaro, en Santiago. O horario vai ser o seguinte:
– 10:15h Presentación a cargo de Ramón Cao
– 10:30 Andrés Torres Queiruga nos introducirá no diálogo entre relixión e ciencia dende a súa prespectiva histórica.
– 12:00 Descanso
– 12:30 Carlos Pajares Vales, catedrático da USC e delegado científico en España do CERN (Centro Europeo de Investigación Nuclear), falaranos de cosmoloxía e fin do mundo, do encaixe entre as cosmoloxías científicas e a cristiá.
– 14:00 Descanso para xantar, que se poderá facer nos restaurantes cercanos á sede do Foro. Ese día informaremos de posiblidades e prezos.
– 16:30 Presentación de libros: Os salmos hoxe, de Manolo Regal, Un Deus así é o deus en que eu creo, de A. Torres Queiruga e Repensar a teoloxía, recuperar o cristianismo, libro homenaxe a Andrés Torres Queiruga, editado por Pedro Castelao e Xosé Manuel Caamaño.
– 17:00 Camino Cañón Loyes, presidenta do Foro de Laicos e profesora na Universidade Pontificia Comillas, falará de novos ateísmos.
– 18:30 Celebración-homenaxe a Bernardo García Cendán
– 19:00 Remate.
Despois de cada intervención haberá un tempo de clarificación e diálogo.
A matrícula para este Foro ten un prezo simbólico de 10 euros, e abonarase no momento da inscrición, ao inicio do Foro. Para quen chegue de fóra de Santiago, o CERSIA está na rúa alcalde Raimundo López Pol, entre a rúa de San Lázaro e o campo de futbol dese barrio. Tentaremos poñer carteis indicando as desviacións dende o camiño francés. Nas inmediacións do CERSIA hai espazo para aparcar.
Esperámos poder contar coa vosa presenza e os vosos aportes neste sempre actual e controvertido tema.
ENDEREZO: Edificio CERSIA
Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, 15703 Santiago de Compostela. Mapa: https://maps.google.es/?q=42.885358,-8.517095
I like what you guys are up too. This kind of clever work and exposure! Keep up the amazing works guys I’ve included you guys to my own blogroll.