Para ti amigo Joaquín

Váisenos Joaquín (a unha comunidade dos dominicos en Madrid ) e na nosa comunidade do Cristo da Vitoria deixa un gran recordo, pola sua laboura caladiña pero laboriosa, sempre cos mais humildes e sempre tendendo a súa man.

Co grupo dos emigrantes “Óscar Romero», coa plataforma de enfermos, nos campamentos, nas comunidades, no Instituto onde impartiu clases, en todos os colectivos deixou a súa impronta a súa humanidade, tenrura e bo facer. Marcha cara a outro rumbo que lle quere dar a súa vida. A etapa aquí tocou o fin.

Estes versos fixemosllos como un homenaxe a el e para el.

Sorte Joaquín, sempre te lembraremos noso amigo.

Para ti,  amigo

Son tantas as lembranzas,son tantas as historias
grabadas paseniño, nesta  nosa memoria.

Vivirán para sempre ,todos eses recordos
do teu andar amigo, camiñando conosco.

Non te marchas , ti quedas, a chama está prendida
e co noso soplido seguirá encendida.

Porque os amigos bos  , siguen no corazón
e viven para sempre moi a rentes de nos.

Quedannos ensinanzas que temos aprendido,
transmitiches o saber , con moito agarimo.

Para sempre lembraremos o que nos fixeches ver:
“que non prime o “ter” nunca xamais sobre o “ser”.

Eres un grande Mestre, un gran comprometido
cos humildes, cos febles, cos que sofren de olvido.

Seguirás no  noso vento , nas árbores e no mar
e nas praias e nas rúas que ouviron o teu andar

E foi unha sorte inmensa  o haberte coñecido
e darnos todo o que eres e por ser o noso amigo

Por eso damosche as grazas , por compartir o vivido
por ser o remo da barca,  que tantas veces asimos

Estes versos noso amigo brotaron do corazón,
pagou a pena ,decimos, navegar o teu carón.

Con todo o noso cariño para ti Joaquín

Vigo, 2 de setembro de 2012

Estes versos fixemosllos como un homenaxe a él e para él.

Sorte Joaquí, sempre te lembraremos noso amigo.

.————————————————————————————————————

Para ti, amigo

Son tantas as lembranzas,son tantas as historias

grabadas paseniño, nesta nosa memoria.

Vivirán para sempre ,todos eses recordos

do teu andar amigo, camiñando conosco.

Non te marchas , ti quedas, a chama está prendida

e co noso soplido seguirá encendida.

Porque os amigos bos , siguen no corazón

e viven para sempre moi a rentes de nos.

Quedannos ensinanzas que temos aprendido,

transmitiches o saber , con moito agarimo.

Para sempre lembraremos o que nos fixeches ver:

que non prime o “ter” nunca xamais sobre o “ser”.

Eres un grande Mestre, un gran comprometido

cos humildes, cos febles, cos que sofren de olvido.

Seguirás no noso vento , nas árbores e no mar

e nas praias e nas rúas que ouviron o teu andar

E foi unha sorte inmensa o haberte coñecido

e darnos todo o que eres e por ser o noso amigo

Por eso damosche as grazas , por compartir o vivido

por ser o remo da barca, que tantas veces asimos

Estes versos noso amigo brotaron do corazón,

pagou a pena ,decimos, navegar o teu carón.

Con todo o noso cariño para ti Joaquín

Vigo 2-9-2012

3 comentarios

  1. Gracias a quen fixo esta poesia que expresa tamén os meus sentimentos-
    Gracias a Joaquín por todo o que nos acompañou,
    Alguén coidará as túas plantas que nos farán que te recordemos;estou segura.

  2. Foise Joaquín, pero a súa laboura calada e seu ben facer comunitario queda para sempre aquí. Ata moi pronto irmán.

Los comentarios están cerrados.