Estes días nas redes sociais está a causar certo rebumbio un video sobre Coia que leva por título: «Guías turísticas satánicas: polígono de Coia» no que fala un veciño en clave de humor sobre o barrio.
No vídeo falan da nosa comunidade en dous momentos: unha opinando que a igrexa como edificio é o rocodromo de Coia (ben o sabemos polos cativos que de cando en vez gabean polos saíntes) e noutro no que destacan a tarefa da comunidade ao redor da cal organizouse gran parte da loita veciñal pola mellora das condicións do barrio.
Se tedes tempo non deixedes de botar unha ollada a este curioso vídeo.