O domingo 13 de Maio as comunidades de adultos da parroquia celebramos a nosa asemblea anual. Unha 70 persoas pertencentes ás comunidades e algún convidado comezabamos o noso encontró en Vilan (Fornelos de Montes) pasadas as 11 da mañá.
Despois dun café de benvida e dun presentación da xornada reunímonos por grupos pequenos para poñer en común o que reflexionaramos previamente partindo dun documento elaborado titulado: A ESPERANZA, ESE SER TAN FRAXIL, PÓDENOS SACAR DO ATOAMENTO EN QUE VIVIMOS. O documento partía da situación de desesperanza que nos envolve e dábanos elementos que podían ser xeradores de esperanza. Partindo dalgúns textos evanxélicos fomos buscando eses «xeradores» de esperanza.
O primeiro xerador de esperanza: a empatía. Saíndo do meu mesmo cara ao outro, sobre todo cara ao outro que está en necesidade, xero esperanza e son rexenerado na esperanza. Ás veces como, no caso de Simón Cireneo, non busco eu ao outro, senón que impóñenmo, ou pónseme diante. Pero iso vai xerar esperanza.
O segundo xerador de esperanza é a corrección das miñas ideas preconcibidas sobre a vida. As cousas aínda que fosen así poden ser doutro xeito mellor. Xesús tivo que aprender dunha muller cananea que os pagáns tamén eran fillos de Deus e tiñan dereito a recibir a súa solidariedade. Como Xesús, os irmáns necesitados, as vítimas da crise, tamén son persoas humanas que esperan a miña solidariedade.
Os pequenos xestos solidarios. A velliña botou no peto unhas moedas, pero necesitábaas para vivir. Os ricos botaban moito con ostentación. Ese pequeno xesto da viúva é enormemente valioso. Xestos de solidariedade, aínda que sexan pequenos, pero necesitamos ACCION. NON QUEDAR EN PALABRAS: XESTOS XA! E tamén moita REBELION ante cousas que nos ofrece a sociedade capitalista. REBELION; XERAR A CULTURA DO ANTIMEDO. É o que chamabamos o PTENCIAL DO CANTO.
Ao longo da mañá foron suxeríndose nos grupos accións concretas para poñer en común na Asemblea Parroquial do dia 9 de Xuño xunto con algunhas pautas de organización da comunidade no novo curso. Todo o traballado pola mañá se puxo en común ás catro e media da tarde despois dunha comida compartida e dunha convivencia gatificante e «esperanzante».