Preto de 200 mozos participaron na semana Coia Móvese 2012

As diferentes actividades da I Semana Lúdico-Deportiva para Xente Moza remataron cunha participación que rondou os 200 mozos e mozas do barrio, e tamén de outras zonas da cidade, e que en diferentes grupos tomaron parte activa nas mesmas.

O gran concerto celebrado na tarde-noite do sábado día 12 foi o acto que tivo maior aceptación entre os xóvenes. Unhas 300 persoas, a maioría xente nova, estiveron na Praza do Pobo durante as case catro horas de música e humor. De feito, as previsións de venta de bocadillos no bar da organización (uns 200) esgotáronse moito antes de rematar o evento.

O momento más especial foi, ao inicio do concerto, o debú do grupo musical da parroquia «Fora de lugar». Os 12 membros de mesmo estreáronse en directo con un gran éxito e amosaron, non só a calidade que teñen todos e cada uno dos seus compoñentes, senon unha enorme personalidade enriba do escenario. Foron os que máis aplausos arrancaron entre o numeroso público asistente.

O resto dos grupos, así como os conxunto vogal e o dúo de humor, animaron a noite ata cerca das 00:00 horas.

Un total de 9 equipos, o redor de 60 rapaces, participaron pola mañá no torneo de fútbol sala celebrado no campo de herba sintética da gasolineira. Baixo coordinador de Antu e Jhony, disputouse baixo un sol de xustiza e o final, o gañador foi o equipo Racing Vigo, que se impuso na final ao Ai que Roelo. O xerente da Fundación Celta de Vigo, José María Goico, estivo na entegra de premios aos finalista, repartindo entradas para o Celta-Alcorcón, unha camiseta do primeiro equipo firmada polos xogadores do Celta e un póster, tamén firmado.

En canto a charla-coloquio que abriu o xoves esta semana, coa presencia dos ex-deportistas de elite Chus Lago e Óscar Pereiro, os asistentes desfrutaron coas experiencias e mensaxes que transmitiron os dous poñentes. Eles, que chegaron ao máis alto da súas carreiras, animaron aos mozos e mozas a traballar sen descanso, a ser constantes, porque «calqueira dos vosos soños pode cumprirse se traballades por eles», dixéronlle Chus e Oscar.

En canto ao obradoiro de Graffiti, por problemas alleos a organización, non puido celebrarse e queda aprazado para outra ocasión.

Ao final, un balance moi positivo desta iniciativa que partiu da Parroquia e que contou coa colaboración de todas as súas asociacións e comunidades. Agora chega o momento de valorar e compartir, con ese numeroso grupo de rapaces que participaron, que se vai facer no futuro dentro das accións de dinamización xuvenil que se queren potenciar dende o Cristo da Victoria.

Por último, o noso agradecemento ao Concello, a través da concellaría de Xuventude e do programa Súbete ao Castro; a Fundación Celta de Vigo, a SD Victoria e a PSA Peugeot-Citroën pola súa inestimable colaboración.

Tedes algunhas imaxes dos actos no facebook da parroquia: www.facebook.com/cristo.victoria