Este ano a festividade das Letras Galegas será na honra de Valentín Paz Andrade, do que nunhas liñas presentamos parte da súa vida:
«Nado en Lérez (Pontevedra). Estudou Bacharelato en Pontevedra. Posteriormente estudou Dereito en Santiago. Ao rematar os seus estudos dirixe o diario ‘Galicia’ no que tamén colaboran Castelao, Risco, Maside e Villar Ponte.En 1924 Valentín é condenado a un mes de cárcere polo carácter dos seus artigos. En 1931 foi candidato a Deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes. Despois do alzamento militar contra a República é desterrado a Verín e a Serra de Queixa. Posteriormente é confinado a Villanueva de la Serena (Estremadura). En 1939 casou con Piar Rodríguez de Prada. En 1942 empezou a dirixir a revista Industrias Pesqueiras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego.En 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega co discurso titulado A Galeguidade na obra de Guimaraes Rosa. Na Transición formou parte da ‘Comisión dos 10’ da oposición democrática (con Cañellas, Felipe González, Tierno Galván, etc). En 1977 foi elixido Senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega.»
Como xa ven sendo clásico no barrio de Coia non queremos deixar pasar esta data para celebralo, por iso dende Rueiro, Movemento Cidadán e Dorna programaron as seguintes actividades:
– Charla-coloquio sobre a «Vida e Obra de Valentin Paz Andrade» coa profesora da Universidade de Vigo Rita Paredes. Será o martes 15 de Maio ás 8 da tarde no Salón ce Actos do Centro Parroquial do Cristo da Victoria de Coia.
– A NOITE DAS LETRAS GALEGAS, con poesia, contos e música galega. O 16 de Maio ás 10,30 da noite
– Concerto a cargo da coral Maria, Nai do Bo Pastor. O 19 de Maio, ás 8,30 da tarde na Igrexa do Cristo da Victoria.
– Teatro: AQUI NON PAGA NINGUEN, polo Grupo Porta Aberta. O 26 de Maio
Máis información: www.centroculturalrueiro.es