Deixamos aquí a acta da Asemblea de Crntes Galegos celebrada o pasado 14 de maio:
O Domingo, día 14 de abril celebrouse en Santiago de Compostela a XXX Asemblea de Crentes Galeg@s.
A Asemblea é o xuntanza anual que convoca a tódalas persoas que están nos grupos e comunidades coordinadas na Coordinadora de Crentes Galeg@s. O lema da asemblea foi: COMO CONSTRUÍR A PAZ DENDE A REBELDÍA.
I.- Na primeira parte da mañá adicouse a exposición de Moisés Lozano:
Partiu da evolución dos datos da pobreza e máis do paro en Galicia e no Estado. Pasou despois a unha clara exposición da ideoloxía neoliberal, resaltando como cada unha das súas características vanse implantando implacablemente , nesta Europa de gobernos de dereitas, instrumentos do capital.
Ideoloxía neoliberal, que rexeita o papel do estado na sociedade. Vai parella co pensamento único (pretensión universalizadora do capital financieiro internacional), coa creación dun mercado mundial sen barreiras para o capital financieiro, comercial e produtivo (globalización) que produce máis e máis desemprego, pobreza e desigualdade económica xa que hoxe en día o 14% da poboación é máis rica fronte a un 86% que é máis pobre. Todo iso baixo a batuta duns mercados insaciables xeradores dunha economía especuladora que leva consigo un consumismo esaxerado e unha sobre explotación dos recursos do planeta.
Existen alternativas: É urxente por en práctica políticas adecuadas para endereitar as presentes tendencias en cinco áreas: multi lateralismo, seguridade, identidade, valores democráticos e economía, citando a Mayor Zaragoza . Para o cal é necesaria a cultura do pensamento crítico fronte o pensamento único.
E as alternativas pasan tamén por camiñar cara a unha cultura da paz que comprendería unha Educación para a paz; para os dereitos humanos e para a democracia; superación da exclusión e da pobreza; o diálogo inter cultural e a resolución pacífica dos conflitos.
II.- No coloquio que veu a continuación, aparte de outras intervencións, expúxose con detalle a loita levada a cabo por unha das nosas compañeiras,dependente, denunciando o recorte na asistencia domiciliaria a xente que o necesita, por parte do concello da Coruña. Este exemplo de loita concreta deu pe a varias comunicacións por parte de persoas entre nós que coñecen de primeira man os recortes que están a sufrir os servizos sociais en todo o territorio así como a necesidade de facer loitas concretas que as veces teñen máis repercusión do que un pensa ou pode prever.
Coincidimos no grave da situación,na inxustiza crecente e esnaquizamento do estado social a que nos está a levar o neoliberalismo, con repercusións máis graves entre os máis débiles. Concordábase tamén na necesidade de seguir estando presente alí onde a xente se mobilice en plataformas pola sanidade, polo ensino, polos servizos sociais, pola lingua…
III.-Despois do xantar compartido adicamos un tempo a reflexións e conclusións. Sentímonos urxidos a continuar a resistencia na radicalidade; sen medo polo número de xente que poidamos ser; sen ocultar a nosa identidade, e facéndonos presentes como Coordinadora cando conveña, sen propaganda nin vergoña.
Quedouse en enviar un comunicado á prensa, así como a seguir traballando nalgún autocolante relativo ao momento presente.
IV.- Rematámolo día cunha eucaristía. No marco dela fixemos plegaria tamén das propostas de cáritas ante os retos da situación actual, referentes a protección social e servizos sociais, a o acceso a unha vivenda digna, sobre o emprego, sobre a inmigración e sobre cooperación para o desenvolvemento e financiamento.
A sensación do conxunto das persoas que estivemos na xornada foi de agradecemento polo día, de confirmación na loita, e de esperanza de que “es tarde pero es nuestra hora” ,en palabras de Casaldáliga.
Todo esto está muy bien, yo también hago parte de una comunidad en el Crista da Victoria, ¿cuantos años lleva la iglesia católica defendiendo la PAZ? y tienen un BANCO que parece ser que también invierte en armas para hacer negocio, bueno entre otras cosas y lo único que consiguieron generar más pobreza.
Yo pienso que además esta lucha tendríamos que infiltrarnos en los partidos políticos, por su puesto las personas que tengan capacidad para defender este proyecto que es en definitiva el proyecto de JESUS DE NAZARET. Y los que no tenemos ese don también para apoyar las propuestas de esos compañeros y sin identificarse como CRENTES GALEGOS o Españoles de otras comunidades autónomas
Thank you for the auspicious writeup. It in fact was a amusement account it. Look advanced to far added agreeable from you! By the way, how could we communicate?