Tras a recente polémica motivada pola notificación da conferencia episcopal Andrés Torres Queiruga, teólogo e profesor da Universidade de Santiago, estará en Pontevedra para axudarnos a afondar neste misterio central do cristianismo dando unha charla que leva por título: «A resurrección de Xesús e maila nosa».
Será o mércores 18 de abril, ás 20:00h. no teatro principal de Pontevedra, organizado pola asociación Encrucillada.