Dende o seu nacemento o noso barrio coñeceu os problemas derivados da falta de ingresos, da insuficiencia de recursos, o paro, etc. Estes momentos están a ser complicados ao límite de que moita xente está a achegarse a nosa parroquia e ODS-Coia na procura de solucións, pedindo informacións das axudas sociais ante a falta de emprego.
Hoxe o xornal Faro de Vigo publicaba unha nova na que aparece unha entrevista a Jesús e Yoana veciños do barrio e coñecidos da nosa parroquia. Na nova falan da súa situación económica e dos problemas que atopan mentres agardan pola RISGA.
Tedes a nova completa neste enlace: www.farodevigo.es/gran-vigo/2012/03/13/concello-desembolsa-semana-10000-euros-ayudas-familias-recursos/631860.html e a imaxe da nova impresa: twitter.com/#!/odscoia/status/179481724709900289/photo/1/large