O pasado sábado celebrabamos cos nenos e nenas do barrio un festival pola paz no que puidemos disfrutar de música, representacións, actuacións… Nese acto os nenos e nenas de poscomuñón amosáronnos un vídeo que prepararon cos seus educadores para esa data.
Na montaxe aparece unha frase que nos pareceu moi suxerente para esta data do escritor uruguaio Mario Benedetti:
«Gústanos a xente capaz de entender que o maior erro do ser humano, é intentar sacarse da cabeza aquilo que non sae do corazón.» (Fragmento de «La gente que me gusta»)
Pois nada agardamos que vos guste o traballo destes pequenos artistas e que vos anime a traballar por un mundo xusto e en paz.