Esta fin de semana a nosa comunidade aproveitou para celebrar unha data moi especial: o Día da Paz. E o fixemos en dous momentos.
Pola mañá os nenas e nenas da catequese xunto as súas familias celebraron un festival pola paz. Houbo actuacións de todo tipo e con artistas de diferentes idades, polo escenario pasaron os adolescentes coa súa música, os de poscomuñón cunha representación do mundo a escala, os cativos de comuñón con poesía e os de iniciación con baile e cancións.
Non faltou tamén un video dos nenos de poscomuñón e un conto inspirado na vida da premio Nobel da PAz no 2004: Wangari Maathai. para rematar os asistentes asinaron unha carta dirixida ao presidente do goberno esixindo trocos para facer un mundo en paz.
E polo serán o Comité Óscar Romero convocou un videofórum no que se nos presentou a situación actual de Haití 2 anos despois do terremoto que o destruiu.
Nel proxectáronse dous documentais amosándonos tanto o punto no que se atopa o país como cales son as esperanzas e ilusións do pobo haitiano.
Tamén informouse de como avanza o proxecto de construción de viviendas no que está traballando Verapaz e que tanto dende o COR como dende a parroquia vimos apoiando dende hai algún tempo.
E rematamos convivindo un rato máis ao redor dun chocolate quente e algún biscoito.
Algunhas imaxes neste enlace: www.comunidadebasecoia.org/galerias-de-fotos/?album=1&gallery=44
Os vídeos: http://www.youtube.com/watch?v=Za5Ehjk5wyI e http://vimeo.com/35323669
Soy yo Alba. Yo voy a la parroquia y me parece buena idea que publiqueis los videos.
Una pregunta
Es que yo me quiero guardar el video de la paz del 2011, y de este año, para tenerlo de recuerdo.
Como podría hacerlo?
Si se puede, claro.
Sit teneis respuestas, mandemelas al correo: [email protected]
Hola, no me doy cuenta qué Alba eres. De todas maneras puedes descargar el vídeo poniendo en google descargar de youtube.
Hi there would you mind stating which blog platform you’re using? I’m planning to start my own blog in the near future but I’m having a difficult time making a decision between BlogEngine/Wordpress/B2evolution and Drupal. The reason I ask is because your design seems different then most blogs and I’m looking for something completely unique. P.S Apologies for getting off-topic but I had to ask!