A xente do grupo IMÁN apoiada pola nosa comunidade convoca unha concentración en defensa das persoas presas. Será o luns 30 de xaneiro ás 19h00 nas escalinatas do Museo Marco (na rúa Príncipe).
A masificación das cadeas galegas nun 155% fai inviable a dignidade dos internos.
– Polo dereito: «Un preso-unha celda»
– Pola aplicación xenerosa dos beneficios penitenciarios e excarceración dos internos enfermos.
– Pola imposición de penas alternativas ao ingreso en prisión
– Polo inmediato inicio das obras de ampliación do Centro de Inserción Social da avenidade de Madrid
Polo que se coñeces a realidade das persoas presas por medio de fillos, irmáns, familiares súmate a este día cidadán en defensa dos dereitos de todos eles.