O sábado 28 de xaneiro a nosa comunidade celebra o Día da Paz con dúas actividades para maiores e pequenos. Pola mañá cos nenos e nenas que participan nas distintas etapas da educación na fe, dende iniciación ata o grupo de preadolescentes faremos un festival da paz.
Será no salón de actos dende as 11h30 e os cativos participarán no festival con música, interpretación, vídeos… e algunha sorpresa máis.
Pola tarde a partires das 20h a xente do Comité Óscar Romero propón que vexamos un vídeo que leva por título: «Haití: dous anos despois, luces e sombras».
Cremos que xuntarnos nesta data é básico para tratar de facer un mundo en paz e con xustiza, polo que animamos a pequenos e maiores a disfrutar en Coia deste día.