A plataforma Redes-Vigo presenta o 19 de outubro ás 20h00 a campaña África cuestión de vida, cuestión debida. A presentación será no Verbum.
REDES (Rede de Entidades para o Desenvolvemento Solidario) é unha plataforma estatal de coordinación de ONG católicas. A plataforma REDES-VIGO está composta por distintas ong locais da comarca de Vigo (Cáritas, Cáritas Cooperación Internacional, Ecovide, Entreculturas, Fundación Lusekelo-Alegría, Manos Unidas, ONG Proyecto HUMI, Proclade, así como outras asociacións e parroquias) que está a desenvolver unha campaña de sensibilización de África baixo o título “Cuestión de vida, cuestión debida” que se iniciou no ano 2009 e ten unha duración de tres anos.
O obxectivo desta campaña é dar a coñecer a situación económica, social e cultural de África e a súa repercusión actual mediante charlas informativas. É unha campaña de sensibilización dirixida sobre todo a colexios, institucións, parroquias, e extensiva a toda a sociedade.