Unha multitude de xente, ao igual que no outras partes do planeta, saíron ás rúas de Vigo para amosar ese sentimento que moitos recollen na palabra indignación.
Xa no comezo na Porta do Sol chamaba a atención a morea de xente que alí se xuntaba para percorrer as rúas do centro da cidade. Facía tempo que en Vigo non se miraba unha concentración tan grande de xente reclamando que a xustiza social non sexa so unha utopía. E como non podía ser doutro xeito a xente das distintas comunidades da nosa parroquia quixemos tamén participar nesa gran data.
Moitas palabras escribíronse sobre esta data do 15 de outubro, agardamos e desexamos que as palabras traian consigo a transformación desta sociedade nun mundo habitable para todas. Dende a nosa comunidade estamos dispostas a traballar nese camiño cara un mundo mellor!