Participar na Semana de Mobilización contra a Pobreza!

Entre o 10 e o 17 de outubro de 2011 celébrase en todo o Estado español a Semana de Mobilización contra a Pobreza. E en Galicia, como cada ano, a Coordinadora Galega de ONGD coordinada todas as actividades que se levarán a cabo no territorio.

Desde o ano 2005 a sociedade mundial mobilízase durante esta Semana para esixir aos líderes políticos o fin da pobreza a través do cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.  Hoxe, no actual contexto económico, político, social e cultural, esiximos aos gobernantes que non dean un paso atrás nas poíticas de loita contra a pobreza, que rectifiquen os recortes sociais e que defendan a solidariedade internacional por enriba dos mercados.

Escolle onde e como queres participar na loita contra a pobreza:

1. Presentación pública da Campaña de envío de queixas ao Valedor do Pobo.

2. Teatro contra a pobreza nas rúas de Galicia.

3. Unidades didácticas para a sensibilización e a mobilización social.

4. Programación de actividades en toda Galicia.

5. Participa nas mobilizacións do 15M previstas para o 15 de outubro.

6. Difunde a Campaña Pobreza Cero!

Fonte: galiciasolidaria.org