Hoxe rematou o campamento dos preadolescentes e con damos por finalizados os campamentos de verán Vilán 2011 no que participaron preto de 80 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos.
Tras dez días de moita actividade hoxe domingo 17 de xullo volvían a Vigo o grupo de preadolescentes que xunto aos seus monitores compartiron unha morea de experiencias moi positivas.
Coma gusta dicir Vilán é unha escola para a vida na que nuns poucos días concéntranse emocións, aprendizaxes, reflexións que nos serven para medrar no persoal e no colectivo.
Pois iso, ata o ano que ven campamentos de Vilán!