Dende o venres o grupo de adolescentes de cursos comprendidos entre 6º de primaria e 3º da ESO están de campamento en Vilán.
Nestes días están a disfrutar, non moito do tempo, deses días tan especiais para eles nos que están a facer temas, obradoiros, deporte, etc.
Hoxe achegáronse ao río para probar a auga e pola noite disfrutarán do xogo nocturno preparado polo grupo de monitores.