Non ao pacto do euro

Unha vez máis, os gobernantes europeos practican unha política de enganos ao cidadán para beneficiar as grandes corporacións financieras, renunciando a defender a cidadanía.

O próximo 27 de xuño, todos os gobernos europeos, entre eles o español, asinarán en Bruxelas un grande atraco socioeconómico de alcance internacional: o chamado Pacto do Euro, polo cal os políticos da Unión Europea se poñen de acordo par…a lexislar baixo as ordes do Fondo Monetario Internacional (FMI), do Banco Central Europeo (BCE) e do Banco Mundial (BM). En caso de non cumprir esas ordes, as axencias de avaliación que levaron Grecia, Irlanda e Portugal á ruína (Moody’s, Standard & Poor’s ou Fitch) comezarán novamente cos seus ataques.

O que se asina e cando se ratifica o Pacto do Euro?

• Os salarios do sector público deberán estar en consonancia coa competitividade do sector privado. É DICIR: novos recortes ao sector público, ao que se lle esixirá que ofreza os mesmos beneficios que os salarios irrisorios do sector privado, para o que se procederá ao aumento das xornadas laborais e a unha diminución notable do número de empregados públicos.

• Todos os países deberán axustar as súas leis ao que diten os bancos, É DICIR: unha vez máis, os Estados non lexislarán a favor da protección e dos intereses do cidadán, senón a favor das grandes corporacións bancarias e dos mercados.

• Retrasaranse as idades de xubilación en todos os países, de acordo coa esperanza de vida.

• En nome do fomento da competitividade, vincularanse os salarios coa produtividade, tal e como se comezou a facer xa en España coa última reforma laboral, que avoga por flexibilizar os despidos, os convenios e os contratos. Deste xeito, ponse en peigo o actual sistema de negociación colectiva.

• Impulsaranse o despido barato e as Empresas de Traballo Temporal (ETTs).

Os bancos rebaixarán a fiscalidade para incentivar a contratación dos trabajadores, co que se irá socavando o sistema da Seguridade Social ao tempo que se introducen as figuras do “becario” e do precario perpetuo.

• Conxelación de todas as pensións.

• Redución das axudas sociais.

• Redución dos sistemas de protección social, empeorando a Seguridade Social.

• Redución do gasto en educación pública de maneira que, deteriorándoa, se promova e favoreza a súa privatización.

• Aumento de impostos directos e indirectos sobre a cidadanía e as PEMEs, con penalización no caso de non cumprir cos pagamentos: multas, xuros, comisións, etc.• Cambios na Constitución Española e na dos países asinantes coa finalidade de axustar a economía aos parámetros do FMI, BCE e BM, coa conseguinte perda de soberanía dos pobos.

UNHA VEZ MÁIS, os gobernos non utilizan o poder político para lexislar e frear os causantes da crise, como a banca internacional e os grandes fondos especulativos, con medidas como por exemplo a intervención das corporacións financeiras, senón que ademais co Pacto do Euro reforzarán esas mesmas corporacións e adoptarán as políticas que interesan á banca e ás grandes empresas europeas.

Como non tíñamos dabondo, todos os gobiernos –independentemente da súa cor política– asinan un compromiso en favor das grandes corporacións financeiras que supón novos sacrificios para os cidadáns, posibilitando UNHA VEZ MÁIS que os magos das finanzas sigan estafando o mundo mediante produtos financieros tan sofisticados como arriscados e fraudulentos, ademais de permitir a usura bancaria.

Baixo o engano de facer fronte á débeda que atenaza a Europa, afírmase que é preciso aumentar a competitividade das economías nacionais e que iso só se pode conseguir reducindo os custos do traballo… UNHA VEZ MÁIS.

Segue sen falarse de intervir os paraísos fiscais onde descansan as grandes fortunas e de facer leis contra a evasión fiscal. Segue sen falarse de establecer impostos sobre as transaccións financeiras e de regular as axencias de avaliación. Segue sen falarse de medidas contra o paro e a favor do benestar social.

Segue sen propoñerse unha auditoría pública e independiente sobre a débeda, aos efectos de que a cidadanía poida saber o que é realmente a débeda pública e cal é a que realmente corresponde aos bancos e aos fondos de pensións e de investimento privados, que segundo os datos que temos é a maioría da DÉBEDA.

UNHA VEZ MÁIS, tómase o camiño do empobrecemento da sociedade en beneficio de ampliar as grandes fortunas, mesmo co alto prezo de acentuar a fenda social.

Dese xeito, ampliarase, UNHA VEZ MÁIS, o récord histórico do beneficio das grandes corporacións financeiras e baterase o récord histórico dos salarios dos conselleiros delegados e dos executivos, mentres alcanzaremos récords históricos de pobreza e de paro.

A dificuldade de acceder a esta información débese á falta de transparencia das políticas e ao temor a que toda Europa tome as rúas.

HAI RAZÓNS: UNHA VEZ MÁIS, TOMA AS RÚAS