O sábado 18 de xuño volvemos a celebrar no parque de A Bouza a festa do barrio 2011. Dende as asociacións animan a que participemos nas actividades programadas para ese día:
10h00 – Campionato de fútbol para nenos/as. Anotarse na secretaría das asociacións na parroquiado Cristo da Victoria -horario: xoves de 18h00 a 20h00-.
12h00 – Xogos populares para nenos/as: trompo, aro,…
12h00 – Desenvolvemento da segunda mesa de troco – Parrotroca
13h00 – Concerto da banda de música de Cabral
14h00 – Xantar comunitario na carballeira
17h00 – Campionato de chave para maiores
19h00 – Grupos folclóricos de Rueiro
20h00 – Cea comunitaria na carballeira
21h00 – Festa popular
22h00 – Remate final, a Queimada